Privacidade
Responsable
RS Auditores y Consultores, S.L., Travesía de Santiago de Vigo, 1, 4.º izda., 36201 Vigo (Pontevedra). Correo: auditoria@rsaudit.com. Os datos completos da sociedade están no aviso legal.
Que datos e para que
Os que nos dá no formulario ou nun correo: nome, empresa, correo, teléfono e a súa mensaxe. Usámolos para responderlle e, se nolo pide, para preparar unha proposta de servizos.
Base xurídica: a súa petición e a aplicación de medidas precontractuais (artigo 6.1.b do RXPD).
Para frear o envío automático, o servidor garda durante un tempo breve a hora dos envíos co enderezo IP pseudonimizado, e a IP dos intentos rexeitados. Base: interese lexítimo na seguridade da web (artigo 6.1.f).
Estatísticas de visitas (Matomo, sen cookies): páxinas visitadas, data e hora, páxina de procedencia, idioma, tipo de navegador e dispositivo, país aproximado, o enderezo IP anonimizado (sen os dous últimos bloques) e os clics no teléfono, no correo, no mapa e nas ligazóns externas. Finalidade: coñecer o uso da web e mellorala. Base xurídica: interese lexítimo (artigo 6.1.f), con datos minimizados e sen elaborar perfís.
Canto tempo
O tempo necesario para atender a súa consulta. Se chega a contratarnos, os prazos que fixan a normativa de auditoría e a mercantil. Os rexistros de seguridade do formulario bórranse sós nuns días.
A quen se comunican
A ninguén, agás obriga legal. O correo recíbese en Microsoft 365 (Microsoft Ireland), coas garantías do RXPD. As estatísticas gárdanse nun Matomo propio que xestiona o noso provedor de servizos web como encargado do tratamento; non se comparten con ninguén nin se usan para publicidade.
Os seus dereitos
Pode pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade en auditoria@rsaudit.com. Se cre que non atendemos ben a súa petición, pode reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).