Ir ao contido

Consultoría financeira

O método dunha auditoría ao servizo da dirección: datos fiables, controis que funcionan e información a tempo para decidir.

Que facemos

  • Auditoría interna e revisión de procesos e controis.
  • Consolidación de estados financeiros de grupos.
  • Preparación de contas anuais para entidades que non auditamos.
  • Deseño de informes de xestión e reporting para a dirección ou a matriz.

Tamén

  • Auditoría de sistemas de información: accesos, copias e segregación de funcións no ERP.
  • Plans de formación en contabilidade, control interno e prevención do branqueo.
  • Apoio financeiro en procesos de financiamento, compra ou venda de empresas.

Por independencia, non prestamos servizos de consultoría incompatibles coa auditoría ás entidades que auditamos. Indicámosllo na proposta.

Preguntas frecuentes

Poden auditarnos e ademais asesorarnos?

Só no que a lei permite. A Lei 22/2015 prohíbelle ao auditor, entre outras cousas, levar a contabilidade ou preparar as contas que audita. Se precisa os dous servizos, explicámoslle que podemos facer nós e que debe facer outro profesional.

Traballan con filiais de grupos estranxeiros?

Si. Preparamos o reporting en inglés e no formato que pida a matriz.

Precisa unha auditoría ou un informe?

Cóntenos que precisa. Respondémoslle co alcance do traballo, o calendario e os honorarios antes de comezar.