A firma
RS Auditores y Consultores é unha sociedade de auditoría galega. Comezou a traballar en novembro de 2014 no Morrazo e dende 2021 ten a súa sede en Vigo.
Unha firma de auditoría, non un despacho xeneralista
Dedicámonos á auditoría de contas e aos traballos que se derivan dela: informes especiais, revisións de calidade e consultoría financeira. Non levamos contabilidades nin xestións fiscais de clientes de auditoría, porque a independencia o impide.
O equipo fórmano auditores inscritos no ROAC e profesionais formados en firmas internacionais de auditoría, con experiencia na dirección financeira de empresas. Cada encargo ten un auditor responsable e un equipo asignado dende a proposta.
O que nos esiximos
Integridade
Dicimos o que atopamos, aínda que non sexa o que se espera oír, e asinamos só o que comprobamos.
Independencia
Rexeitamos os traballos incompatibles coa auditoría e revisamos cada ano as relacións cos nosos clientes.
Obxectividade
As conclusións saen da evidencia documentada no expediente, non da relación co cliente.
Calidade e supervisión
Normas técnicas
Traballamos coas Normas Internacionais de Auditoría adaptadas para a súa aplicación en España (NIA-ES).
Xestión da calidade
Aplicamos un sistema de xestión da calidade conforme á NIGC1-ES, con revisión dos encargos que o requiren.
Supervisión pública
Como toda sociedade de auditoría, estamos sometidos ao control do ICAC e ao da nosa corporación, o REA.
Confidencialidade
A información dos clientes está protexida polo deber de segredo que a Lei 22/2015 lle impón ao auditor.
Onde traballamos
Os nosos clientes son empresas e entidades de toda Galicia e do resto de España. A oficina está en Vigo e o traballo faise onde está o cliente: nas súas instalacións, na nosa ou a distancia.
Dirixe a firma Xosé Santamaría, auditor de contas inscrito no ROAC.
Datos da sociedade
- Razón social
- RS Auditores y Consultores, S.L.
- Marca
- rsaudit
- ROAC
- S2454
- Corporación
- Rexistro de Economistas Auditores (REA) do Consello Xeral de Economistas
- Domicilio
- Travesía de Santiago de Vigo, 1, 4.º izda., 36201 Vigo (Pontevedra)
- Inicio de actividade
- Novembro de 2014
Precisa unha auditoría ou un informe?
Cóntenos que precisa. Respondémoslle co alcance do traballo, o calendario e os honorarios antes de comezar.